Proxecto realizado có apoio da Fundación Biodiversidad
A Rede Hispano-Lusófona de Xestores de Áreas Naturais Protexidas (Pardela) xurde da necesidade de crear un espazo de colaboración mutua que contribúa a unha mellora da eficacia na xestión das áreas naturais protexidas dos países de lingua oficial portuguesa.
Pardela nace no ano 2010 ao amparo dun proxecto precedente apoiado pola Fundación Biodiversidad, pero é no ano 2012 cando se sentan as bases para a sua posta en marcha a través dun novo proxecto promovido conxuntamente polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Organismo Autónomo Parques Nacionales do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de España, financiado novamente pola Fundación Biodiversidad.
O obxectivo principal da rede é crear un escenario de intercambio de experiencias e adquisición de destrezas na xestión das áreas naturais protexidas no mundo, incluíndo especialmente a todos os países da CPLP e a España, con particular destaque en Galicia.
Entre os seus obxectivos específicos destacan:
Se estás interesado en formar parte da Rede Pardela, cubre o seguinte formulario:
A Terra non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos.
AnónimoSe estás relacionado con algunha área natural protexida nalgún dos países e queres formar parte da Rede Pardela pulsa o seguinte botón:
© 2012 Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - Todos os dereitos reservados | Identificación legal - Privado // Deseño e programación web Grupo5.com