Proxecto realizado có apoio da Fundación Biodiversidad
xuño
2015
O CEIDA participará cunha mesa redonda sobre a Rede Pardela no III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa, que terá lugar do 8 ao 11 de xullo de 2015 en Murtosa (Portugal). O obxectivo é realizar unha análise das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) da Rede despóis de 3 anos de funcionamento. Toda a información sobre o congreso na súa páxina web: http://www.ealusofono.org/
febreiro
2015
Do 8 ao 11 de xullo de 2015 terá lugar en Murtosa (Portugal) o III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa. Toda a información na súa páxina web: http://www.ealusofono.org/
marzo
2014
Damos a benvida aos novos membros: * Dinís A. Mandevane Investigador para a área de Educación Ambiental Centro Terra Viva - Estudos e consultoría ambiental Maputo - Mozambique * Daniel Ulisses Santos Tata Coordinador de proxectos na Fundación Maio Biodiversidad Reserva Natural de Terras Salgadas Illa de Maio - Cabo Verde
outubro
2012
Xa está dispoñible na páxina web o segundo Boletín da Rede Pardela, publicación electrónica de periodicidade semestral que pretende servir de ferramenta de comunicación tanto interna como externa, e dar a coñecer todo o traballo que se vai desenvolvendo na Rede. Este segundo número recolle todas as novidades sobre a Rede, novas e eventos, artigos dos membros, recursos de interese e documentación online relacionada co campo da conservación e xestión das áreas naturais protexidas. Pode descarg...
setembro
2012
Do 25 ao 28 de novembro de 2012 terá lugar en Turquía o Forum 2012 de Áreas Mariñas Protexidas no Mediterráneo. O obxectivo é desenvolver unha visión común e establecer unha nova folla de ruta estratéxica de aquí a 2020, co fin de conseguir unha rede de xestión ecoloxicamente representativa e eficiente das áreas maniñas protexidas do Mediterráneo.
A terra é insultada, e ofrece as súas flores como resposta.
Rabindranath TagoreSe estás relacionado con algunha área natural protexida nalgún dos países e queres formar parte da Rede Pardela pulsa o seguinte botón:
© 2012 Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - Todos os dereitos reservados | Identificación legal - Privado // Deseño e programación web Grupo5.com