Proxecto realizado có apoio da Fundación Biodiversidad

RSS

GL

Búsqueda en la web

slide 3

PardelaÁreas naturais protexidas en Cabo Verde:

PardelaEspazo protexido

  • Parque Natural de Fogo (Ilha de Fogo)

Superficie: 8.468,5 Ha

O Parque Natural de Fogo encóntrase situado na zona centro da illa de Fogo e comprende o volcán, o cráter, o bordo do cráter, e o Perímetro Forestal de Monte Velha.

O seu límite Norte está situado a unha altitude que vai aproximadamente dos 1.000 a 1.400 m., con puntos de referencia naturais localizados entre Cutelo Cinza e Ribeira Pelado ata os nacementos da zona de Orela. O límite Sur sitúase entre Orela e Bordeira a unha altitude de aproximadamente 1.800 m. O límite Leste pasa baixo a estrada principal de acceso a Chã dás Caldeiras, pasando pola Ribeira de Fernão Gomes ata Cabeça Turi, a 1.104 m. de altura.

Sitúase na confluencia de tres Municipios: S. Filipe (1.861 ha., un 22% do Parque), Santa Catarina (4.237 ha., un 50% do Parque) e Mosteiros (2.370 ha., un 28% do Parque). Chã dás Caldeiras, que é onde existe o único asentamento humano no interior do Parque, pertence ao Municipio de Santa Catarina.

Un aspecto importante e que se reviste dunha particularidade única, ten que ver co feito de que o Parque Natural de Fogo sexa o maior de todas as 47 áreas protexidas que constan na Rede Nacional de Áreas Protexidas de Cabo Verde.

O Parque Natural de Fogo exemplifica a mostra máis representativa dos ecosistemas húmidos de montaña da illa de Fogo e un dos máis importantes ecosistemas de fruticultura de sequeiro de Cabo Verde.

O volcán da illa de Fogo ten 2.829 metros, cunha caldeira de 8 km de diámetro en Chã dás Caldeiras no lado occidental. As paredes alcanzan 1000 metros, cun cráter de 500 metros de diámetro, e unha profundidade de 180 metros. No Pico do Fogo non se rexistra actividade eruptiva dende o século XVIII, persistindo só actividade fumarólica no seu cráter.

Neste espazo encóntranse diferentes tipos de hábitats debido á variedade de altitude e de microclima. O clima existente é, en termos xerais, semellante ao clima característico da illa, é dicir, subtropical seco, caracterizándose por unha curta estación de chuvias de Xullo a Outubro, determinado principalmente polos factores altitude, relevo e exposición, e unha estación seca os restantes meses do ano.

No interior aínda se poden encontrar pequenas pero importantes mostras de vexetación, testificando aquelo que foi o hábitat natural antes da colonización da illa de Fogo polo home. Unha destas mostras é unha área arbustiva con predominancia de Euphorbia tuckeyana que se sitúa dentro de Monte Velha, ocupando unha pequena área en Montinho próxima á estrada, entre Monte Velha e Piorno e ten o mellor nivel de conservación entre as que representan hoxe o ambiente natural orixinario.

Os datos dispoñibles sobre a fauna son extremadamente limitados. Existen 79 invertebrados, entre outros, da Clase Gastropoda, Arachnida, Malacostraca, Chilopoda, Diplopoda e Insecta.
Existen 10 especies de aves, e confirmouse a presenza da especie Acrocephalus brevipennis (Carricero de Cabo Verde). Esta especie, de grande importancia para a conservación, é considerada en perigo de extinción.
En canto aos réptiles, están representados polas familias Gekkonidae (Gecos) e Scincidae (Lagartas). Sinálanse na illa de Fogo 12 especies e subespecies pertencentes a estas dúas familias.

PardelaCategoría IUCN

  • III - Monumento natural Info

PardelaGalería de fotos

coa colaboración de

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Fundación Biodiversidad
Pardela
Ceida

Se soubese que o mundo se remata mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore

Martin Luther King

Se estás relacionado con algunha área natural protexida nalgún dos países e queres formar parte da Rede Pardela pulsa o seguinte botón:

© 2012 Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - Todos os dereitos reservados | Identificación legal - Privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com