Proxecto realizado có apoio da Fundación Biodiversidad
Espazo protexido
Superficie: 16.700 ha.
A proposta do Parque Nacional Lagoas de Cufada foi aprobada en 1995, e o seu proxecto tivo lugar en 1996, máis non foi ata decembro do 2000 cando esta área protexida se creou oficialmente. Situado no sur de Guinea-Bissau, na rexión administrativa de Quinara, a uns 230 km. de Bissau, concretamente ao leste e sueste do sector de Fulacunda e ao nordeste do sector de Buba. As dúas cidades son os centros de poboación máis importantes do país que forman parte dos límites do parque.
A Lagoa de Cufada é a superficie de auga doce máis grande de Guinea-Bissau na beira sur do río Corubal.
Conta cunha poboación residente de ao redor de 3.534 habitantes, distribuidos en 33 tabancas (aldeas) relevantes.
Hoxe en día, debido á influenza da poboación, a fauna é menos abundante e atópase dispersa, protexida polos bosques máis densos e, con todo, a lagoa de Cufada está aínda moi poboada por aves acuáticas e é visitada por varias especies de animais nas dúas estacións (seca e chuviosa). Os bosques que rodean as lagoas circundantes máis pequenas como Bionra, Bedasse e Bedanha, e as que están ás beiras do Río Grande de Buba e Fulacunda, son aínda hoxe refuxio para especies de gran interese biolóxico.
Ademais da importancia ornitolóxica, o parque caracterízase polas fermosas paisaxes das lagoas e por unha riqueza significativa en macrofauna dunha gran cantidade de mamíferos de gran interese, entre os que se atopan algúns ungulados como o hipopótamo branco (Hippotraugus equino), o antílope (Kobus defessa) ou búfalo (Syncerus caffer), leopardos, hienas e de 7 a 8 especies de primates, incluíndo o chimpancé (Pan troglodytes) presente en case todas as áreas do parque. Tamén se rexistra a presenza de crocodilo negro (Osteolaemus tetraspis). Algunhas das súas áreas son recoñecidas como corredores de macrofauna.
No Río Grande de Buba cabe destacar a zona de reproducción de barracudas e outros peixes de interese comercial, así como a frecuente presenza de manatís (Trichecus senegaelensis), crocodilos e algunhas especies de tartarugas.
A área do Parque Natural das Lagoas de Cufada é a máis rica en bosque seco e semiseco e bosque sub-húmido, con 22.200 ha. e 13.500 ha. de superficie, respectivamente.
Categoría IUCN
Galería de fotos
Poderán cortar todas as flores, pero non poderán deter a primavera.
Pablo NerudaSe estás relacionado con algunha área natural protexida nalgún dos países e queres formar parte da Rede Pardela pulsa o seguinte botón:
© 2012 Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - Todos os dereitos reservados | Identificación legal - Privado // Deseño e programación web Grupo5.com