Proxecto realizado c� apoio da Fundaci�n Biodiversidad
Espazo protexido
Superficie: 800 ha.
Monte Verde forma parte dunha área montañosa que representa os restos do borde dun primitivo cráter, cuxos puntos culminantes son os montes Verde e Madeiral, con preto de 744 m e 680 m, respectivamente. Na plataforma do cume, inclinada cara ao Nordés,proporciónase un medio favorable á incidencia da humidade, factor responsable para a existencia dun cadro paisaxístico que contrasta coa aridez das restantes zonas da illa.
Dende o punto de vista xeolóxico, Monte Verde está formado por tobas volcánicas intercaladas con filóns basálticos.
É o punto máis alto da illa de São Vicente cos seus 700 metros de altitude. Nos tempos da "azágua" cóbrese de verde e é posible observar especies endémicas e algunhas introducidas dende o poboamento. O cume está, algunhas veces, cuberto polas nubes, dificultando a vista panorámica pero permitindo un verdadeiro "paseo entre as nubes".
O Parque Natural de Monte Verde é o único representante de zona sub-húmida da illa de São Vicente, polo tanto no parque é posible encontrar especies que non existen en ningunha outra rexión de São Vicente, como por exemplo Limonium jovi-barba (Carqueja), Sonchus daltonii (Coroa de rei), Echium stenosiphon ssp. stenosiphon (Lingua de vaca), Campanula jacobaea (Contra bruxas), Davallia canariensis (Fento), Kickxia elegans (Agrón de rocha).
Categora IUCN
Galera de fotos
A terra é insultada, e ofrece as súas flores como resposta.
Rabindranath TagoreSe est�s relacionado con algunha �rea natural protexida nalg�n dos pa�ses e queres formar parte da Rede Pardela pulsa o seguinte bot�n:
� 2012 Centro de Extensi�n Universitaria e Divulgaci�n Ambiental de Galicia - Todos os dereitos reservados | Identificaci�n legal - Privado // Dese�o e programaci�n web Grupo5.com